Sarria volve proxectar a curta Mudanza tras o éxito da súa estrea en outubro

SarriaXa
O filme sobre a vida, a familia e o cancro de pulmón continúa emocionando ao público e ampliando a súa traxectoria
Casa-da-Cultura-Mudanza
12 Nov 2025

Este xoves, 13 de novembro, a Casa da Cultura de Sarria volverá acoller a proxección da curtametraxe Mudanza despois de encher a sala máis grande do edificio o pasado 25 de outubro, nunha sesión que resultou un éxito rotundo tanto en Sarria como en Paradela.

A autora do relato orixinal, Sonia Arias, convidou a toda a veciñanza a achegarse de novo para gozar dun filme que fala sobre a vida, a familia e o cancro de pulmón, lembrando que toda a recadación se destina á Asociación Grupo Galego de Cancro de Pulmón.

Arias destacou tamén que, en menos dun ano, Mudanza será presentada en arredor de douscentos festivais nacionais e internacionais e iniciará a súa distribución en plataformas dixitais, consolidando así o impacto dunha obra que xa deixou unha fonda pegada no público galego.

⚙ Configurar cookies
0.065681934356689