Sarria xa ten gañadores dos concursos de Nadal
O Concello de Sarria convocou no Nadal diferentes tipos de concurso que tiñan como eixo central a celebración destas festas. Para iso, os veciños da zona podían facer tarxetas de felicitación de Nadal, decorar unha bola de nadal , decorar diferentes estancias e fotografar as rúas da vila.
En total, os premios suman máis de 5.000 euros en forma de tarxetas regalo para trocar nos distintos establecementos adheridos da comarca. Con esta iniciativa estase a promover as compras nos comercios locais xerando riqueza no Concello.
Desta forma, os gañadores da I Edición do Concurso de Felicitacións de Nadal foron Sabela Arias Alvaredo en primeiro lugar, Adam Riani Zouini en segundo, Adriana Fernández López en terceiro, Iris Rodríguez Arias en cuarto e Ana Calvo Corrales en quinto. Todos eles recibirán unha tarxeta regalo con diferentes importes.
Os gañadores da II Edición do Concurso de Bolas de Nadal foron na primeira categoría que recolle os traballos dos nenos de ata 6 anos, Alejandro Sánchez López no primeiro posto e Adriana Fernández López no segundo. Na segunda categoría dos nenos entre 7 e 12 anos o primeiro posto foi para Covadonga Satabaya López, o segundo para Emma Buján Pérez e o terceiro para Daniela López Vázquez. Na terceira categoría para rapaces de 13 a 17 anos, Daniela Pereira Alvaredo acadou o primeiro posto, Carlos Díaz Barreal o segundo e Adam Riani Zoumi o terceiro.
Américo Horacio Chella Mosconi foi o gañador do primeiro premio da II Edición do Concurso de Decoración de Nadal, o segundo posto foi para Alberto López López, o terceiro para a Comunidade de Propietarios Gran Vía Alfonso IV 38, o cuarto foi para Miguel Ángel López Fernández, o quinto para Soraya Armesto Cardenal, o sexto para Uxía Méndez González, o sétimo para Noelia López López, o oitavo para a Comunidade de Propietarios Lama da Gándara, 34-36, o noveno para a Comunidade de Propietarios Matias López 74-76 e o décimo para a Comunidade de Propietarios Gran Vía Alfonso IX 57-63.
Para finalizar, os gañadores da II Edición do Concurso de Fotografía Desde Sarria con Amor 2021 foron Paula Sánchez López no primeiro lugar, Nerea Tourón Castro en segundo, Clara Pérez Pato en terceiro, Luís Díaz Castro no cuarto e Dolores Castro López no quinto lugar.
Os primeiros premios recibirán unha tarxeta regalo con valor de 300 euros, os segundos postos unha tarxeta regalo con valor de 250 euros, os terceiros con valor de 200 euros, os cuartos de 150, os quintos de 100 e os demais de 50 euros.