Segue aberta a desputa pola Xunta segundo as últimas estimacións de voto

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O PP sería o partido máis votado co 42,2% dos votos e un intervalo de escanos de 34 a 38, podendo perder a maioría absoluta no parlamento galego.
12 Feb 2024

O PP sería o partido máis votado co 42,2% dos votos e un intervalo de escanos de 34 a 38, podendo perder a maioría absoluta no parlamento galego. O BNG sería a segunda forza co 33,4% (24-31 escanos), o PSOE quedaría en terceira posición co 18,1% e podería ter de 9 a 14 escanos.

En relación á anterior sondaxe do CIS, o PP mantense en intención de voto, pero mantén a súa pinza de escanos cunha maioría absoluta (fixada en 38 escanos) que seguiría no fío.

O BNG é o partido que máis crece e sitúase claramente en segunda posición como forza máis votada e, por tanto, sería a alternativa a Alfonso Rueda no caso de que puidese sumar co PSdG-PSOE que se mantén máis ou menos estable. A maioría absoluta, fixada en 38 escanos, podería chegar do acordo entre socialistas e nacionalistas.

Sumar podería optar a ter ata 2 escanos, mentres que Vox e Democracia Ourensá podería ter un escano cada un, aínda que todo está bastante no aire.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.052446126937866