Sen feiras no Páramo ata novo aviso
SarriaXa
O Concello emitiu un bando comunicando a decisión de suspender estes mercados, que se celebraban os días 10 e 25 de cada mes
6 Feb 2021
O Concello do Páramo vén de suspender, ata novo aviso, as feiras, que se celebran tradicionalmente os días 10 e 25 de cada mes.
A través dun bando, o alcalde do municipio, José Luis López, facía pública a decisión, motivada pola actual situación sanitaria.
Desde o Concello pídeselle á poboación que lembre adoptar "todas as medidas de protección establecidas polos organismos oficiais" na loita contra a propagación da covid-19.