Sergio Vallejo deu unha conferencia sobre a súa carreira deportiva no IES Gregorio Fernández de Sarria
O alumnado do IES Gregorio Fernández de Sarria recibiron a visita de Sergio Vallejo no Salón de Actos do centro, no que o piloto de rallies deu unha conferencia titulada "De Meira ao Dakar".
Tomando como inicio o seu debut deportivo, Sergio debullou os momentos máis importantes da súa carreira deportiva e de como enfocou a súa paixón á súa profesión.
Posteriormente, os alumnos utilizaron a máis dunha hora de coloquio a realizar preguntas sobre o Dakar, a súa traxectoria deportiva ou resolver dúbidas sobre curiosidades técnicas.
"Se teño que darvos un consello é o seguinte: tratade de orientar o voso futuro cara a algo que vos apaixone e, niso, tratade de ser os mellores. Non busquedes metas irrealizables, chegade a elas queimando etapa a etapa", lles dixo Vallejo aos alumnos como consello de vida.