Sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica en Paradela
SarriaXa
O vindeiro mércores día 1 de setembro levarase a cabo no Concello de Paradela unha sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica.
30 Aug 2021
O vindeiro mércores día 1 de setembro levarase a cabo no Concello de Paradela unha sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica. O obxectivo deste proxecto é achegar á poboación galega información e asesoramento en relación aos cambios profundos que se van a producir a partires do mes de xuño deste ano 2021, na nova tarifa e na factura eléctrica, para o que se levarán a cabo varios obradoiros gratuítos sobre estas temáticas nos diferentes concellos.
A sesión farase ás 18 horas no Centro Sociocultural Manuel Orestes, en Paradela.
Considérase necesaria esta charla xa que se tratan conceptos e informacións complexas aos que nos temos que enfrentar coma persoas consumidoras dun servizo básico como é a electricidade.