Skanderani actuará no Buril de Sarria este venres acompañado de One-man band rocks on!

SarriaXa
O Buril organiza unha nova actividade este venres, 24 de novembro, da man de Skanderani, acompañado do sarriao One-man band rocks on!, que porán a bailar a todos os sarriaos que se acheguen a desfrutar da festa, que rematará co DJ Bluemousc e DJ Ccn Hauawiano.
O Buril venres
21 Nov 2023

O Buril organiza unha nova actividade este venres, 24 de novembro, da man de Skanderani, acompañado do sarriao One-man band rocks on!, que porán a bailar a todos os sarriaos que se acheguen a desfrutar da festa, que rematará co DJ Bluemousc e DJ Ccn Hauawiano.

Skanderani é un cuarteto con base na Estrada (Pontevedra), formado por Alex á batería e percusións, Carlos ao baixo, Denís no sampler e Ahmed na guitarra, sintes e gritos. O grupo nace en 2022, pero ten a súa orixe nunha gravación de verán feita uns anos antes por Ahmed, baixo a influencia do Jazz Etiope, Fela Kuti, Jim Jarmusch, e Tom Waits, entre outros.

Esa gravación titulada “Bastard Jingles” estaba baseada nunhas estritas normas: manter sempre os mesmos ingredientes en todos os temas (mostras afro, baixo con distorsión, guitarra, teclado con fuzz e ritmos), usando escalas árabes, e riffs repetitivos sobre ritmos tribais.

En 2021 o selo madrileño Travesuras Sónicas decide publicar “Bastard Jingles” en vinilo e reclama un directo a Skanderani para presentar o traballo e Xuño de 2022.

De este modo todo, o son se reconstruíu en forma de banda, dando como resultado un set bailable e festivo, aberto ás improvisacións e mantendo o espírito de cómic propio da gravación.

Tras unha serie de concertos dende aquel debut, os Skanderanis recalarán finalmente no Buril en Sarria o próximo venres 24 de novembro, dispostos a levar as enseñanzas de Mulatu Astatke, Dillinger e a Orquestra Panorama.

0.15680003166199