Só Sarria e Láncara quedan por riba dos dez casos na comarca
A provincia continúa a boa marcha para superar esta tercera vaga de covid-19 mellorando o número de casos activos e de contaxios novos pero mantendo a atención sobre Guitiriz, o Concello que está descontrolado nestes intres.
Así, este domingo os casos activos sitúanse en 1.236, que son 146 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 55.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 49 casos novos (onte foron 65). Ademais, as altas volven bater un récord, xa que chegaron ás 9.843, 195 en 24 horas, o día anterior foron 124.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.273 casos rexistrados e 188 persoas falecidas, as mesmas que onte.
A presión hospitalaria segue sendo alta. Nas UCI hai dous casos maís, 26 en total, todos no Hula. Hospitalizados en planta hai 62 persoas (1 máis), 37 no hospital de Lugo (1 máis), 9 na Mariña e 15 en Monforte. Tamén hai unha persoa ingresada no Polusa de Lugo.
POR COMARCAS
A Mariña
A baixada en Viveiro volve dar un salto importante e Burela segue cun caso menos. No resto a situación está moi controlada.
- Viveiro reduce 10 casos e son xa 36.
- Burela baixa un máis e queda en 13.
- Ribadeo xa está por debaixo de 10.
- Riotorto e Barreiros non teñen casos novos nos últimos 15 días.
Terra Chá
Vilalba rebaixa xa do centenar mentres Guitiriz ofrece un aumento desmesurado con varios casos que pertence á cepa británica, máis contaxiosa.
- Vilalba continúa á baixa con 94 casos, 14 menos.
- Nova subida para Guitiriz, xa son 101, 13 máis que onte
- Cospeito baixa 1 caso ata 16.
- Outeiro de Rei segue con 13.
- Castro de Rei segue con 17.
- Pol e Muras está sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes suma hoxe un caso ata 45 no cómputo total.
Centro da provincia
Tendencia á baixa na comarca con descenso importante en Lugo e co Corgo con 22 casos, produto duha subida de onte.
- Lugo volve á baixa con 16 casos menos ata 303.
- Palas de Rei mantense en 15.
- Monterroso xa está por debaixo de 10.
- Portomarín reduce un caso e queda en 12.
- Guntín reduce ata 10 casos (6 máis).
- Castroverde suma 1 para chegar a 13.
- O Corgo queda en 22 casos tras a subida de onte.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.
Comarca de Sarria
A comarca loita por expulsar o virus, claramente controlado.
- Novo descenso en Sarria, con 6 contaxios menos ata 32.
- Láncara segue con 13.
Ribeira Sacra
Descensos significativos en Monforte e Quiroga e segue a tendencia á baixa. Destaca a subida de Sober, que suma 5 casos novos e A Pobra de brollón con un.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 126 casos, 10 menos.
- Quiroga segue en descenso con rebaixa a 14, 3 menos que onte.
- Taboada sobe 1 caso e queda en 14.
- O Saviñao rebaixa novamente para chegar a 15 contaxios, 3 menos.
- Pantón tamén suma 1 ata 14.
- Pobra do Brollón certifica os memos 13 de onte.
- Sober segue subindo ata 20, 3 máis.