Sofía e Mateo son os nomes máis utilizado para os pequenos

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2020.
nenos madrugadores colexio
23 Oct 2021

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2020, que reflicte que Sofía e Mateo seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis comúns son Sofía, Noa, Martina, Lara e Valeria. Se se comparan co 2019, os catro primeiros continúan na mesma posición, mentres que ‘Valeria’ pasa do posto número sete (2019) ao número cinco (2020), que intercambia con Lucía.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son Mateo, Martín, Lucas, Hugo e Leo. A comparativa co ano 2019 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que Lucas estaba no segundo lugar e Martín no terceiro e no 2020 houbo un intercambio de posicións.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como entre 2019 e 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás Roi e Alejandro, que dan paso no 2020 a Xoel e Mario.

En canto ás nenas, no 2020 incorpóranse Mía e Alma e desaparecen do listado dos 20 primeiros Alba e Emma. Hai que destacar que, na actualidade, medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (Antía, Uxía ou Sabela) como para os nenos (Brais, Antón ou Iago).

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar no seguinte enlace:

http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201006

nomes frecuentes

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15085482597351