Sonia Arias López presenta en Paradela o seu libro 'Antes pasábase por aquí'

SarriaXa
O acto celebrarase o 27 de marzo no Centro Sociocultural Manuel Orestes Rodríguez López
Antes-pasábase-por-aquí-Sonia-Arias
24 Mar 2026

A escritora de Paradela Sonia Arias López dará a coñecer o seu libro, "Antes pasábase por aquí", nun acto que terá lugar o venres 27 de marzo ás 20:30 horas no Centro Sociocultural Manuel Orestes Rodríguez López. A autora estará acompañada da alcaldesa Montse Mulet Sar e do tamén escritor José Carlos Ulloa.

A presentación ofrecerá unha ocasión especial para compartir literatura, emocións e orgullo pola cultura local, de man dunha autora da propia comarca.

O libro é unha homenaxe ao rural galego, ás súas tradicións, á lingua e á memoria dos pequenos pobos, como o de Arias.

A obra xorde dunha lembranza persoal e parte dunha frase que a propia autora conta que lle dicía o seu pai cando camiñaban polo monte: “Antes pasábase por aquí”. A partir desta expresión, Arias constrúe unha reflexión poética sobre o abandono progresivo do rural e a perda de costumes, lingua e identidade, unha preocupación que se transforma tamén en compromiso co seu legado cultural.

0.11746001243591