Sonia Arias presentou o seu libro 'Los zapatos del lobo' nun acto en Lugo que define como "un éxito"
LugoXa | SarriaXa
Achegáronse lectores, amigos e familia, que arrouparon á escritora
3 Jun 2024
A escritora paradelense Sonia Arias presentou o seu libro ‘Los zapatos del lobo’ o pasado venres na librería Trama de Lugo, un acto que definiu como “foi todo un éxito entre amigos, familia e lectores”.
Así, explica que “tiven a sorte de que puidese estar a miña afillada, que é a persoa a quen dedico este libro”.
Ademais, destaca o cariño de todas as persoas que se achegaron a coñecer, de primeira man, a historia que conta o libro. “Cando falo destes relatos, puntualizo que quero o equilibrio entre o que escribo e o que o lector sente e nesta presentación conseguín esa comunicación”, explica.