Substituirán a cuberta do CAPD de Sarria

SarriaXa
Substituirán a cuberta do CAPD de Sarria. Trátase dunhas das melloras previstas para este ano nos distintos centros de servizos sociais.
visita conselleira cupd de sarria
20 Abr 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou a substitución da cuberta do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria, para o que a Xunta investirá preto de 400.000 euros. Díxoo durante unha visita realizada hoxe a este centro e na que estivo acompañada do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias.

A conselleira sinalou que esta obra de mellora é unha das previstas polo Goberno galego durante este ano nos distintos centros de servizos sociais da Comunidade. No ámbito da discapacidade, apuntou que están proxectadas melloras nos CAPD da Coruña e no de Redondela, por un total de preto de catro millóns de euros.

Fabiola García asegurou que a previsión é comezar as actuacións no centro de Sarria o antes posible. As obras xa foron adxudicadas polo que tan só resta agardar á autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para iniciar os traballos.

0.17991495132446