Tania Mosquera Castro falará sobre a Arte paleolítica na Cova Eirós esta tarde
SarriaXa
A Sala da Fonte do Lunar acollerá, a partir das 19.30 horas, o relatorio da investigadora que traballa na escavación da Cova
22 Ago 2024
A Sala da Fonte do Lunar acolle esta tarde, a partir das 19.30 horas, unha charla de Tania Mosquera Castro sobre a Arte paleolítica na Cova Eirós.
A investigadora, graduada en Historia e Máster en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e actualmente investigadora predoctoral no GEPN-AAT, impartirá un relatorio aberto para todas as persoas interesadas.
A nova campaña de escavación na Cova Eirós comezou a principios de agosto que ten, como un dos seus obxectivos, estudar a arte rupestre do interior da Cova Eirós, xa que é o tema central da tese de doutoramento da investigadora Tania Mosquera.