Tátara Trío actuará no Páramo este domingo

SarriaXa
O Páramo acogerá este domingo 19 de diciembre a las 18.00 horas la actuación de Tátara Trío en el Pabellón.
tatara trio paramo
15 Dec 2021

O grupo Tátara Trío actuará o día 19 de decembro no Pavillón do Páramo. A actuación comezará ás 18.00 horas.

Os veciños e veciñas da zona están convidados a asistir para pasar un bo rato en familia, amigos e facer parroquia e veciñanza.

Tátara Trío
Tátara Trío é unha banda de música tradicional e folk. Tras un período de parón, volven á carga os compoñentes de Tátara Trío que están tamén noutros proxectos musicais.

O trío está formado por Pablo Díaz Carro que toca a gaita, clarinete, percusión e voz. Na actualidade dedícase maioritariamente á música infantil con seu proxecto propio e o director musical da Asociación Cultural Donaire. Alejandro Frente toca o acordeón e forma parte de bandas tan prestixiosas como Tiruleque o Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc, tamén colabora con varias compañías de teatro. Fernando Docampo toca o violín, a gaita, instrumentos de percusión e voz. É mestre en conservatorios, escolas de música e escolas de música tradicional, tocou en grupos como o grupo de música tradicional do IGAEM ou o cuarteto de corda Sabia Noticia.

As pezas que compoñen son moi animadas e alegres para levantar o ánimo ao público e ofrecer un bo momento de música tradicional, ocio e benestar aos espectadores.

tatara trio paramo
0.1651930809021