Tenua e Teima darán un concerto no Buril de Sarria o 12 de febreiro
O vindeiro sábado 12 de febreiro o Buril acollerá dúas bandas de punk e metal. Unha nova cita que promove a cultura e os músicos emerxentes de Galicia. O cartel inclúe ás bandas Tenue de A Guarda e Teima unha agrupación musical de Vimianzo.
A entrada ten un custe de 5 euros. Nesta cita, os asistentes poderán desfrutar dun xénero musical que ten as súas orixes nos anos sesenta, nos seus inicios, o punk era unha música de composición minimalista, simple e crúa. Conta con melodías agresivas de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados e ruidosos cargados de moita distorsión, escasos arranxos e instrumentos e, polo xeral, compases e tempos rápido. Este estilo musical é o que domina a banda de A Guarda, Tenue, que ofrecerá as súas cancións a partir das 22.00 horas.
Tenue é unha banda punk de A Guarda que conta con gran traxectoria despois de realizar unha xira por Europa antes da chegada da Covid. Conta con amplo merchandising que é un luxo obter xa que os seus fans non dan tregua e esgotan os artigos en pouco tempo.
Por outro lado, esta cita acompañarase coa música metal de Teima, unha agrupación de Vimianzo que se encargará de ofrecer sons de guitarras fortes e distorsionadas, ritmos enfáticos e máis o baixo e a batería que farán do Buril un espazo de ocio e talento. A agrupación formada por Xaquín, Mateo, Fabio e Pablo, conta con letras reivindicativas de momentos significativos para Galicia, como o tema Lume e Espiñas que fai referencia a ola de incendios que asolou a comunidade no ano 2017.