Terror Erótico e Ángel Novcad actuarán na presentación do Festival Ribela Love and Nature de Sarria

SarriaXa
Terror Erótico e Ángel Novcad actuarán na presentación do Festival Ribela Love and Nature de Sarria de forma gratuíta
Ribela Love and Nature Sarria
1 Jul 2023

O vindeiro 8 de xullo os organizadores do Festival Ribela Love and Nature propoñen unha actividade musical totalmente gratuíta para dar un avance do que será o festival, o vindeiro 19 de agosto.

Así, ás 21.00 horas deste 8 de xullo, o paseo do Malecón acollerá as actuacións de Terror Erótico e de Ángel Novcad, que mostrarán a súa música a todas as persoas asistentes de maneira gratuíta.

Por unha parte, Terror Erótico é unha banda de Chantada que practica un technopop mesturado con electrónica de baile, salpicado polo pop, o punk, electro e noise. Xurdiu en 2013 conformado por baixos atenuantes, sintetizadores agresivos, guitarras dixitalizadas que acompañan a potentes beats de caixas de ritmos, letras críticas e toques de humor.

Pola súa banda, Angel Novcad é o nome do proxecto en solitario de José Anxo Novoa Cadahía, compositor e produtor musical, actualmente compoñente de proxectos como 'Venres e Furia', 'Terror Erótico' e 'Fábrica de Espellos', como programador de bases electrónicas e sintetizadores, proxectos musicais que se sitúan no corazón da Ribeira Sacra en Taboada e Chantada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17883801460266