The Bo Derek's actúa esta noite no local da Asociación Rúa da Música de Sarria

A Asociación Rúa da Música de Sarria organiza para este sábado, 6 de maio, un concerto da banda The bo Derek's.
A cita terá lugar ás 23.00 horas, cando se abrirán as portas do local, e as persoas interesadas en desfrutar desta actuación poderán facelo de balde.
Esta banda naceu en 2018 da man de Óscar Avendaño (Siniestro total) á voz e á guitarra; Jorge Lorre, ao baixo, e Rufus el guarro á batería (Los Wavy Gravies, Lorre).