The Manueles tocará en Sarria nun evento organizado pola Asociación Rúa da Música
Este venres, 20 de xaneiro, a Asociación Rúa da Música de Sarria organiza un evento no que os asistentes, que poderán entrar de balde, desfrutarán da música do grupo The Manueles.
A entrada será a partir das 22.00 horas, mais haberá que esperar unha hora máis, ata as 23.00 horas para que o grupo de surf rock comecen a tocar.
The Manueles está formado polo guitarrista Virxilio da Silva, o baixista Juansi Santomé e o batería Chus Pazos, no que repasarán o legado que desde a costa californiana deixaron os fundadores deste estilo ao longo do tempo.