Titiriterra Teatro representará a súa obra 'Belarmina, a fabulosa velutina' mañá en Sarria

SarriaXa
Sarria acogerá mañana el teatro de títeres "Belarmina, a fabulosa velutina". La obra dará comienzo a las 17.30 horas.
titiriterra teatro belarmina fabulosa velutina
27 Dec 2021

Belarmina, a fabulosa velutina terá lugar mañá na casa da cultura ás 17.30 horas en Sarria.

A obra a cargo da compañía Titiriterra representará teatro de monicreques para público infantil e familiar.

Belarmina é unha obra de teatro musical e é consecuencia do encontro entre Gustavo Fouce, Martín Vázquez e Verónica Quintela. Poñendo en común as súas habilidades e interese por natureza, nace unha obra fresca e chea de humor.

O problema da invasión da avespa asiática da pé a unha sucesión de encontros e desencontros entre dous seres moi diferentes e moi humanos. A abella orgullosa e a avespa que se debate entre o desexo da amizade e o deber de devorar a súa nova amiga.

Titiriterra Teatro
É un grupo asentado en Cospeito que se creou nunha gasolineira. Martín Vázquez, Verónica Quintela e Gustavo Fouce comparten o amor polo teatro e os monicreques. “Berlamina, a fabulosa velutina” é a súa primeira obra coa que están a percorrer os auditorios de Galicia dende o ano 2019. Nesta representación a música ten unha importancia vital e dálle maior atractivo á obra.

0.15339589118958