Todo preparado para celebrar o XXXV Torneo de Fútbol Sala San Xoán de Sarria

Os organizadores do XXXV Torneo de Fútbol Sala San Xoán de Sarria, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xuño no pavillón José Mario González (O Chanto) presentaron o cartel diante do Concello xunto ao concelleiro de Deportes, Félix Seijas.
No evento participarán 20 equipos que competirán durante tres días para demostrar cal é o mellor xogando a fútbol sala, no marco das celebracións do San Xoán.
Os premios para os equipos máis destacados tamén están establecidos, sendo o primeiro posto recompensado cun premio de 1500 puntos máis un trofeo, mentres que o subcampión recibirá 700 puntos e un trofeo.
Os terceiros e cuartos postos levarán un premio de 250 puntos e trofeo cada un. Este ano tamén se entregará un premio ao mellor equipo do Concello, consistente en 200 puntos.
Ademais dos galardóns por clasificación, tamén se premiarán ao mellor porteiro e ao mellor xogador do torneo cun trofeo.