O Sorteo de El Niño deixa agraciados co segundo e o terceiro en diferentes localidades de Lugo e A Coruña

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Becerreá, Riotorto, Rábade, Castroverde, Sarria e Vilalba foron os afortunados na provincia luguesa mentres que A Coruña, Touro, Oza, Ferrol, Ribeira, As Pontes, Ares e Santiago repartiron tamén décimos gañadores
loteria-nino
6 Jan 2025

O Sorteo de El Niño volveu tocar Galicia logo de estar moi repartido. O primeiro premio, dotado con dous millóns de euros, correspondeu ao 78908, que se repartiu integramente en León.

O segundo premio, dotado con 750.000 euros (75.000 euros ao décimo) é o 06766. Na provincia de Lugo caeu en Becerreá e Riotorto. Na Coruña houbo décimos agraciados en Touro, Oza e Ferrol e tamén se vendeu algún en Ourense, na administración de Nuestra Señora de Saínza.

O terceiro, de 250.000 euros por serie (25.000 euros por décimo), tamén estivo moi repartido. Foi o 66777. Vendeuse na Coruña en Catro Camiños e Arteixo, ademais de Ares, Santa Uxía de Ribeira, As Pontes e Santiago (nas administracións de Concheiros e Camiño Francés).

En Lugo tamén houbo décimos vendidos do número en Rábade, Castroverde, Sarria e Vilalba.

OUTROS PREMIOS

Ademais haberá premio para as terminacións dos números 4276 e 1454.

Na extracción das tres cifras saíron as seguintes: 798, 824, 794, 981, 307, 548, 660, 366, 040, 756, 899, 184 e 404.

Así mesmo haberá premios para: 31, 26, 89, 68 e 11.

0.15784692764282