Todos os conxuntos do Club Xirandela conseguiron unha medalla no XVI Torneo de Ximnasia Rítmica

O Club Xirandela participou no XVI Torneo de Ximnasia Rítmica, onde amosaron o traballo, o esforzo e a constancia das últimas semanas, "que se viron recompensados cunha actuación impecable que se traduziu en medallas para todos os conxuntos que representaron ao noso club", explican.
No nivel B, as ximnastas demostraron o seu gran nivel competitivo ao acadar o ouro nas categorías de Conxunto Iniciación P e Conxunto Infantil. Ademais, o Conxunto Iniciación M logrou unha merecida medalla de prata, mentres que o Conxunto Iniciación G e o Conxunto Prebenxamín fixéronse co bronce, completando así un podio en cada unha das súas participacións.
O nivel escolar non quedou atrás, e tamén deixou moi bos resultados. O Conxunto Prebenxamín, o Conxunto Benxamín, o Conxunto Alevín P e o Conxunto Cadete acadaron o primeiro posto nas súas respectivas categorías. Pola súa banda, o Conxunto Alevín M e o Conxunto Infantil alzáronse coa segunda posición, e o Conxunto Iniciación completou a xornada cun terceiro posto.
Así, todas as ximnastas lograron subir ao podio e regresar á casa cunha medalla. Este pleno de éxitos non só reflicte o talento das deportistas, senón tamén o compromiso de todo o equipo técnico e o apoio constante das familias.