Toirán prepárase para celebrar as festas na honra á Virxe do Rosario

SarriaXa
Os días 4 e 5 de outubro a parroquia de Láncara acollerá misas solemnes, procesións, sesións vermú e grandes verbenas con Punto Clave e Solara
Fogos artificiais
18 Sep 2025

A parroquia de Toirán, no concello de Láncara, celebrará os días 4 e 5 de outubro de 2025 as súas tradicionais festas na honra á Virxe do Rosario cun completo programa relixioso e musical.

O sábado 4 de outubro, a xornada abrirase ás 13:00 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave. Xa pola noite, ás 22:00 horas, veciños e visitantes poderán desfrutar dunha churrascada popular, que dará paso á gran verbena con Punto Clave e DJ.

O domingo 5 de outubro, repetirase o programa relixioso ás 13:00 horas, con misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Solara. A festa culminará pola noite cunha espectacular verbena coa mesma formación musical.

Todas as actividades desenvolveranse no campo cuberto con carpa, garantindo así a celebración a pesar do tempo.

⚙ Configurar cookies
0.081564903259277