Tomé encabeza a delegación lucense que participa na convención socialista

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Secretario Xeral do PsdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, encabeza a ampla delegación lucense que participa esta fin de semana na convención política organizada polo Partido Socialista na Coruña –no Palacio de Exposicións e Congresos- para renovar a súa Executiva Federal, actualizar as súas propostas conforme á transformación da sociedade, e debater e aprobar o programa electoral co que concorrerá José Ramón Gómez Besteiro ás vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro.
convencion socialista delegacion lugo
20 Xan 2024

O Secretario Xeral do PsdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, encabeza a ampla delegación lucense que participa esta fin de semana na convención política organizada polo Partido Socialista na Coruña –no Palacio de Exposicións e Congresos- para renovar a súa Executiva Federal, actualizar as súas propostas conforme á transformación da sociedade, e debater e aprobar o programa electoral co que concorrerá José Ramón Gómez Besteiro ás vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

Un congreso no que o partido reforza ao seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia, que participará mañá sábado nun foro sobre modernización e reindustrialización xunto á vicepresidenta primeira e vicesecretaria xeral, María Jesús Montero.

Os socialistas poñerán en valor as súas capacidades para sacar adiante un modelo que asegure aos galegos e ás galegas a mellor versión do país “fronte á proposta esgotada do PP”. Reivindican un tempo para retomar e actualizar as políticas públicas que tanto en España como en Europa están a dar resultados e que se puxeron en marcha os gobernos socialistas. Un modelo que permita cohesionar o territorio, reindustrializar Galicia dentro dos parámetros da transición ecolóxica, afianzar os servizos públicos e avanzar cara unha redefinición da identidade galega.

Xunto ao secretario Xeral na provincia e o candidato á Presidencia da Xunta, participan na convención da Coruña a vicesecretaria Xeral do PSdeG e número dous da candidatura de Besteiro, Lara Méndez; a candidata número tres da candidatura de Besteiro, Mayra García; o candidato número catro da candidatura, Miguel Tomé; a candidata número once, Marina Ramudo; a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto; o alcalde da Fonsagrada, Carlos López; o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias; a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o alcalde de Foz, Francisco Cajoto; a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; o deputado provincial Pablo Rivera; o deputado provincial Iván Castro, a deputada autonómica Patricia Otero; e o senador César Mogo; e a tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, entre outros.

O congreso foi inaugurado esta tarde pola presidenta dos socialdemócratas europeos, Iratxe García; o Secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán; a Alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e o exPresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, que interveu no primeiro foro de debate Democracias máis fortes, que foi presentado pola eurodeputada Eider Gardizabal.

Uns actos tras os que se celebran durante toda a fin de semana comisións para o debate en torno aos eidos que identifican a acción socialista, como a Igualdade ou a Transición Ecolóxica.

0.11796092987061