Tomé recibe aos Reis Magos antes de iniciar o percorrido pola provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Nun encontro cheo de ledicia e tradición, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres ás Súas Maxestades os Reis Magos nun encontro especial antes de que comezasen o seu agardado percorrido polos concellos lucenses.
5 Jan 2024

Nun encontro cheo de ledicia e tradición, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres ás Súas Maxestades os Reis Magos nun encontro especial antes de que comezasen o seu agardado percorrido polos concellos lucenses. Tomé Roca deulles a benvida e amosoulles a Melchor, Gaspar e Baltasar o seu agradecemento por levar a maxia cada ano ás casas dos veciños e veciñas da provincia.

Máis de sesenta nenos e nenas aproveitaron esta visita real á Deputación para facerlles chegar os seus desexos. Os Reis déronlles un pequeno agasallo e aconselláronlles deitarse cedo, ao tempo que lles pediron que non se esqueceran de deixarlle aos camelos un pequeno aperitivo, “porque son moitos os quilómetros que temos que percorrer e a verdade é que acaban moi cansos”, confesaron.

A visita dos Reis á Deputación, que foi recuperada polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal da institución provincial logo de anos sen celebrarse, marca o inicio do seu percorrido polos 67 concellos da provincia, onde serán recibidos con entusiasmo, sobre todo polos veciños e veciñas de menor idade.

0.11124610900879