Tomé reclama ao PP a xestión e Sogama e pide a anulación da suba do canon do lixo

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Volveu a denunciar que a Xunta de Galicia e a empresa pública de tratamento de residuos acordaron a suba para compensar as penalizacións da UE
lixo-o-vicedo
2 Sep 2024

O secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo e presidente da Deputación provincial, José Tomé Roca, denunciou este luns que “a xestión do PP con Sogama é unha vergonza e pediremos en todas as institucións que anulen a suba abusiva do canon do lixo”.

“O que está a facer o PP desde a Xunta de Galicia con Sogama é unha auténtica vergonza”, valorou Tomé Roca. Explicou que no último ano e medio, a Xunta de Galicia e a empresa pública de tratamento de residuos acordaron xa unha suba de 39 euros por tonelada –ata os 66 euros/t- e de cara o 2025 pactaron un novo aumento doutros 42, chegando a cobrar aos concellos 108 por tonelada. “Unha suba para compensar as penalizacións da Unión Europea, cando o que deberían é cambiar o modelo de xestión de residuos”.

Sinalou o Secretario Xeral que “xa non nos sorprende, porque é unha práctica habitual do PP, que mintan e que lle pasen logo a factura ós cidadáns e ós concellos da súa mala xestión” e incidiu en que o grave de cargar “o seu desastre” sobre os veciños e veciñas e sobre os concellos, é que estes últimos “xa están asfixiados asumindo cada vez máis competencias con menos recursos”.

Tomé Roca anunciou que os socialistas volverán levar ao Pleno da Deputación de Lugo unha iniciativa para que se anule a suba do canon de Sogama; e na vindeira Executiva do PSdeG, prevista para o día 10 de setembro, “propoñeremos ás agrupacións que a leven aos plenos municipais”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13577699661255