Tomé toma posesión como presidente lucense do PSOE

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Secretario Provincial do PSdeG sitúa como obxectivos “consolidar as alcaldías que temos, conseguir outras novas nas que temos opcións.
valentin e tome congreso psoe
21 Feb 2022

O Secretario Provincial do PSdeG sitúa como obxectivos “consolidar as alcaldías que temos, conseguir outras novas nas que temos clarísimas opcións, manter a Deputación e, con toda esa forza municipalista, axudar a renovar o Goberno de España e a recuperar o Goberno da Xunta de Galicia, que tanta falta lle fai a este país”.

José Tomé Roca foi proclamado Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo no IV Congreso Provincial socialista que se celebrou este domingo no hotel Torre de Núñez baixo o lema Lugo Avanza. Tomé Roca asegurou que deste congreso “os socialistas saímos unidos e máis fortes para darlle un novo impulso ó Partido Socialista na provincia, para seguir medrando, para seguir ampliando a representación institucional e para seguir mellorando a nosa provincia e a vida dos nosos veciños e veciñas. A provincia necesita máis Partido Socialista”.

Dende un “bo punto de partida”, pois o PSdeG goberna a día de hoxe para o 65% da poboación lucense, con 27 gobernos, catro cogobernos, e a Deputación de Lugo, o Secretario Provincial situou como obxectivos “consolidar as alcaldías que temos, conseguir outras novas nas que temos clarísimas opcións, manter a Deputación e, con toda esa forza municipalista, axudar a renovar o Goberno de España e a recuperar o Goberno da Xunta de Galicia, que tanta falta lle fai a este país”.

Para continuar avanzando e lograr estes obxectivos, Tomé Roca establece no plano orgánico unha serie de medidas, que coinciden ademais co que lle foi trasladando a militancia nos encontros Camiñamos Xuntos que mantivo nas últimas semanas por toda a provincia para preparar o Congreso. “Iso é moi bo, porque así é máis fácil remar todos e todas na mesma dirección”, afirmou o Secretario Xeral, explicando que, “para empezar, concordamos na unidade, en que queremos un partido unido porque iso é forza. E, neste sentido, creo que empezamos ben porque, gracias ao diálogo e ao acordo, houbo unha única candidatura á dirección do partido na provincia, e o compañeiro Xosé María Arias integrouse nesta candidatura que hoxe sae ratificada neste Congreso”.

José Tomé agradeceu a Arias que puxese “por riba de todo, a vontade de acordo e de integración, máis alá das lexítimas aspiracións persoais a optar a un cargo que calquera compañeiro ou compañeira pode ter”.

LIÑAS DE TRABALLO

Polo demais, o Secretario Xeral fixou catro liñas de traballo que, incidiu, “coinciden na esencia” co que lle foi trasladando a militancia:

- Máis bases. “Temos que abrir as portas das agrupacións e reactivar a nosa capacidade para ilusionar e para atraer a todas as persoas que queiran traballar pola provincia de Lugo, e tamén para ser máis determinantes, tanto no plano orgánico, como institucional”.

- Máis cercanía e participación. “Está claro que o contacto, a relación directa, é a mellor maneira de coñecer as situacións e os problemas, e é a mellor maneira de encontrar solucións e de plantexar novas iniciativas e propostas. É a mellor maneira de enriquecernos como partido”.

- Máis apoio ás agrupacións. “Somos unha provincia eminentemente rural, de pequenos municipios, onde a participación na política local supón case sempre un esforzo persoal. Por iso, quero contar cun equipo técnico que dea soporte ás necesidades dos compañeiros e compañeiras. Eu non quero que ninguén se sinta só, que sinta que ten por diante unha tarefa imposible. Quero que os compañeiros e compañeiras socialistas vos sintades apoiados, escoitados e acompañados polo partido”.

- Máis coordinación das mensaxes. “Se estamos máis coordinados, darémoslle máis forza ás nosas ideas, valores e políticas. Esa é a maneira de que cheguen a máis lugares e, polo tanto, a máis xente”.

ACCIÓN POLÍTICA

“Estes son os pilares sobre os que se asentará o traballo orgánico nesta nova etapa do partido, pero os congresos do Partido Socialista van moito máis alá, porque definimos as liñas de acción das políticas socialistas”, asegurou o Secretario Provincial.

- Defensa do rural. Neste eido, Tomé Roca explicou que, para “ser aínda máis útiles á sociedade lucense”, como o veu facendo o PSOE ao longo dos seus case 143 anos de historia, “temos claro que traballar polo rural será unha prioridade absoluta. Para que o noso rural siga vivo. Para que a xente nova, as persoas maiores, as familias, para que todas as persoas que queiran quedarse a vivir no noso rural, poidan facelo e teñan unha vida digna”.

- Estado de Benestar. Os socialistas, explicou Tomé Roca, “defenderemos que se manteña e mellore o Estado do Benestar na nosa provincia: a sanidade, a educación, as pensións e a dependencia. Defendemos servizos públicos universais e de calidade, no rural e nas cidades, coas mesmas condicións e prestacións”.

- Igualdade e mocidade. Como obxectivos, José Tomé Roca tamén fixou “seguir traballando en favor da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres e en contra do machismo, e polos nosos mozos e mozas, para que poidan facer aquí, na súa terra, un proxecto de vida cun traballo digno, á altura da súa capacidade”.

- Sectores produtivos estratéxicos. Outro dos eixos da acción política nesta nova etapa do PSdeG na provincia segundo explicou o Secretario Xeral pasa por “impulsar os sectores produtivos estratéxicos, o agrario, o gandeiro, o forestal, o do mar, o comercio, a hostalería, o turismo sostible e de calidade, a cultura, e todo aquelo que axude a facer provincia”.

- Plan Industrial. Neste ámbito, Tomé Roca subliñou que “seremos firmes. Queremos un Plan Industrial para a provincia de Lugo e para Galicia, que aproveite e que lle dea valor aos nosos enormes recursos, e que cree emprego sostible e digno”.

- Mobilidade. O PSdeG apostará pola mobilidade, tanto interior, como polas conexións co exterior, “porque iso é progreso e competitividade”, destacou o Secretario Provincial, quen recalcou que “o Goberno de Pedro Sánchez colocounos de novo no mapa das infraestruturas, do que nos borrara o PP de Rajoy e de Ana Pastor”.

- Innovación e transformación dixital. A innovación e a transformación dixital son outras das liñas prioritarias da acción política do PSdeG “como  ferramentas fundamentais para o desenvolvemento do noso tecido produtivo e do rural.

REUNIÓN DE XERACIÓNS

José Tomé expresou o seu “orgullo enorme por asumir este reto de futuro que representa a Secretaría Xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo acompañado da gran familia socialista que somos, porque hoxe está aquí a historia, o presente e o futuro do partido”.

O IV Congreso Provincial do PSdeG na provincia conta coa presenza do Secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, e do Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.

Tamén participan o ex Secretario Xeral do partido en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, ex secretarios e ex coordinadores dos socialistas na provincia, como Juan Carlos González Santín, Luis Ángel Lago Lage ou Ricardo Varela (hoxe presidente da Comisión de Ética do PSdeG), ademais de cargos institucionais como os deputados por Lugo no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, o Senador César Mogo, os parlamentarios autonómicos Luis Álvarez e Patricia Otero, o ex Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. Asisten tamén o ex Alcalde de Lugo José López Orozco, e os secretarios xerais do PSdeG na provincia da Coruña, Bernardo Fernández, de Pontevedra, David Regades, e de Ourense, Rafael Villarino.

Entre os invitados están presentes así mesmo representantes dos sindicatos UGT, CC.OO. e UU.AA. e de organizacións sectoriais, tanto do eido empresarial, social e veciñal.

“A política é un compromiso colectivo, sostido no tempo. Unha gran carreira de relevos na que recollemos a testemuña, facémola avanzar e, chegado o tempo, pasámosllo a outro compañeiro ou compañeira”, asegurou Tomé, quen dedicou por iso unhas palabras de recoñecemento aos ex secretarios xerais e ex coodinadores do partido na provincia: Pablo Pardo, Manuel Varela Flores, José Blanco, Luis Ángel Lago Lage, Ricardo Varela, José Ramón Gómez Besteiro, Juan Carlos González Santín, Álvaro Santos e Patricia Otero.

Así mesmo, José Tomé agradeceu e puxo en valor o “extraordinario traballo que están facendo os alcaldes e alcaldesas, e os concelleiros e concelleiras do Partido Socialista na provincia de Lugo, nun tempo ademais tan difícil, tan sumamente complicado, como foron estes dous últimos anos de pandemia, no que demostramos por que somos socialistas, pois, nunha das épocas máis duras da nosa historia, puxemos primeiro o benestar das persoas, a xustiza social e o emprego”.

“Os alcaldes e as alcaldesas socialistas estivemos dando a cara, coa xente, estivemos sempre dando respostas, poñendo no centro ás persoas. E tivémolo que facer co único apoio do Goberno de Pedro Sánchez porque, cando máis o necesitábamos, a Xunta do Partido Popular dedicouse na pandemia a facer oposición ao Goberno de España, con total deslealdade, e a cargar máis competencias aos concellos sen transferir os recursos económicos necesarios”, asegurou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia, quen cuestionou a maneira que ten Núñez Feijóo de entender a cogobernanza: “a min que me reciban, pero eu non quero saber nada das Deputacións e dos Concellos onde non goberno”.

OPOSICIÓN

O Secretario Provincial expresou o seu agradecemento aos compañeiros e compañeiras que están na oposición. “Moitas gracias por aguantar a bandeira do Partido Socialista con orgullo e con valentía, defendendo as nosas ideas e políticas. Se estar na oposición xa é difícil de por si, moito máis nestes últimos anos de pandemia. Vós merecedes un recoñecemento e un aplauso especial. Vós representades a ilusión, os ideais, o entusiasmo e a esperanza no futuro”.

José Tomé tivo palabras de recoñecemento para o conxunto da militancia socialista, “o gran activo, o gran patrimonio do Partido Socialista”. “A militancia é o elemento que lle dá a súa razón de ser, a súa forza e os seus sinais de identidade ó Partido Socialista. Porque a militancia socialista é diferente da doutras formacións políticas. É unha militancia incansable, comprometida. Xente que sinte o que vive, e vive de acordo co que sinte, que defende o socialismo todos os días, en cada momento. Por iso, neste Congreso quero render tamén unha homenaxe aos militantes. A todos e todas os que están hoxe, e aos que, por desgracia, xa non están, pero que estiveron con nós ao longo desa Historia de case 143 anos da que nos sentimos tan orgullosos”.

COMISIÓN EXECUTIVA PROVINCIAL:

Apoio do 97,1% dos votos emitidos

Presidente: Miguel Fernández Méndez
Secretario Xeral: José Tomé Roca
Vicesecretario Xeral: Xosé María Arias Fernández
Secretaria de Organización: Mª Del Pilar García Porto
Secretario de Acción Electoral: Eduardo Vidal Baamonde
Secretario de Novas Tecnoloxías: Miguel Caloto Conde
Secretaria de Muller E Igualdade: Marina Ramudo Graña
Secretario de Política Económica E Emprego: Pablo Rivera Capón
Secretaria Executiva: Marta López Abeledo
Secretaria de Comunicación, Participación E Redes Sociais: Alicia Carballedo Portela
Secretario de Infraestruturas E Mobilidade: Francisco Cajoto Caserío
Secretaria Executiva: Irasema López López
Secretario de Seguridade E Emerxencias: José Manuel González Pardo
Secretario de Medio Rural: Roberto Fernández Rico
Secretaria Executiva: Paula Campo Barral
Secretaria de Turismo E Rutas Xacobeas: Marisol Rey Yáñez
Secretaria de Xuventude: Sabela Thais Sanjurjo Varela
Secretario Executivo: Javier López Rojo
Secretario de Ensino E Universidade: Miguel Vilar Rivas
Secretario de Innovación, Ciencia E Desenvolvemento Tecnolóxico: José Manuel López Torre
Secretaria Executiva: Pilar Saavedra Morandeira
Secretaria Executiva: Carmen Macía Rodríguez
Secretario de Dereitos Lgtbi: Mauricio Repetto Morbán
Secretario Executivo: Remigio Lence Pallín
Secretario de Transición Ecolóxica: Daniel Piñeiro Villares
Secretario de Medio Ambiente: Roberto García Pernas
Secretario Executivo: Jaime Cancio Rodríguez
Secretaria Executiva: Arantxa Incera Ares
Secretario de Relacións Institucionais: Celestino Rodríguez Pombo
Secretaria Executiva: Laura Burgué Fernández
Secretario de Participación E Militancia: Carmen Veiga Rodríguez
Secretaria de Patrimonio E Tradicións: Ana Canto Rodríguez
Secretaria Executiva: María José Vales Garaloces
Secretaria de Política Municipal: Silvia Rodríguez Díaz
Secretaria de Benestar, Dependencia E Discapacidade: Mayra García Bermúdez
Secretario Executivo: David Rodríguez Novo
Secretario de Programas, Estudos E Análises: José Ángel Fernández Carrín
Secretario de Xubilados E Pensionistas: Carlos Pereira Fernández
Secretario Executivo: Francisco Otero Besteiro
Secretaria de Mar: María Luján Ramos Ben
Secretario Executivo: José Tellado Fernández
Secretario Executivo: Ramiro Fernández Rey
Secretaria de Política Social E Migración: Susana Ferreiro Vázquez
Secretario de Industria: José Luis Losada Fernández
Secretario Executivo: Jaime González Del Río
Secretario de Sanidade: Miguel Rodríguez Lois
Secretario de Promoción Do Territorio E Reto Demográfico: Horacio Rouco Ferro
Secretario Executivo: Miguel Couto Alonso
Secretaria de Formación E Cultura: Marina Doutón Rajo
Secretaria de Deporte: Marta García Rey
Secretario Executivo: Roberto Prado Díaz

COMITÉ DE ÉTICA

Presidente: José López Orozco
María Dolores Vieiro Núñez
Daniel Castro García
Elba Veleiro Fernández
Argelio Fernández Queipo

COMITÉ PROVINCIAL

Adela Remior Fernández
Jorge Val Díaz
Ana María Guerreiro Gómez
Gonzalo Fernández Carreira
María Camino Tellado Fernández
Alfredo Llano García
Silvia Otero Moirón
Francisco Mon Fernández
Ana Isabel Rubinos Bolaño
Javier Cerqueiro González
Patricia Otero Rodríguez
Carlos López López
Isabel González Blanco
Ángel Tomé Roca
Raquel López Rodríguez
José Antonio López Varela
Alba Novo Chantres
Darío Antonio Piñeiro López
Verónica Marcos Arrojo
Rafael García Figueiras
Belén Fernández Rodríguez
Ramón Gómez Queiruga
Sonia Cervantes Rivas
Constantino Fernández Leira
Carmen Paz Rodríguez
Javier Quiroga Castro
Montserrat Díaz Rodríguez
Darío Campos Conde
Ana González Abelleira
Vicente Parra Vizcaíno
María Reigosa Castro
José Antonio Delgado Vázquez
Olimpia López Rodríguez
Miguel Ángel Sotuela Vega
María Pilar Ferreiro Martínez
José García Freije
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
César Fernández Murias
Judit López Doutón
José Fernando Piñeiro Díaz
Ana María López Andrade
José Antonio Quiroga Díaz
Julia María Barcia Fernández
Luis Amadeo López Campo
Mª Elba Veleiro Fernández
Roi Rigueira Agromartín
Sonia Verdes Gil
Iago Fernández Pena
Marta María Rouco Seoane
Ignacio Criado Montenegro
Vanesa Ruth Siso Calvo
Jesús Fernández Fernández
María Loureiro García
Rafael Fernández Amor
Mª Goretti Pérez Díaz
Martín Mejuto Sobrado
María Luisa Piñeira Núñez
Alejandro Martínez Campos
Regina López Arias
José Ramón Villarino Neira
Gloria María Prada Rodríguez
Miguel Tomé López
Sonia López Montero
José Ángel Rico Álvarez
Margarita López Rodríguez
José Luis Raposo Magdalena
Mª Pilar Gómez Gato
Benigno Gómez Tadín
Laura Celeiro García
Santiago Pérez Rodríguez
Noelia María Ben Vázquez
Miguel Ángel Fernández López
Tamara Castro Cubello
José Fernández Fernández
Ana Saavera López
Julio Gallego Moure
Mª Pilar Ferreiro Villar
José Luis Vázquez Hermida
Bella Margarita Varela Sánchez
Jesús Ceide López
Patricia López Fernández
Marcos Rodríguez Paz
Noelia Pérez López
José Manuel Carral Méndez
Mercedes Pérez Pereira
José Luis Díaz López
Manuela Pérez Rodríguez
Alfredo Guiu Valle
Jenifer Sánchez Gallardo
José Luis González Santiago
Alba López Vila
Roberto Díaz Luaces
Mª Luisa Freire Cordero
Ramón Quiroga Rodríguez
Rosa Morán Luaces
Bernardino González Fernández
Ana Castro Díaz
José Luis Castro Tellado
Sara Arias López
100. Agustín Méndez Moirón

COMITÉ FEDERAL

Mª Pilar García Porto

VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO

O secretario xeral dos socialista galegos, Valentín González Formoso, reivindicou hoxe a “o PSdeG que quere ilusionar a Galicia” a base de “paixón e traballo”, apelando a un país “en positivo que nos agarda dende hai moito tempo”. González Formoso interveu na clausura do IV Congreso dos socialistas de Lugo, no que tamén interveu o novo secretario provincial, José Tomé.

O responsable socialista chamou aos socialistas galegos a “ilusionar a este país, reactivalo” e demostrar que “somos capaces de darlle un impulso á sociedade galega e que somos merecedores da confianza dos galegos e das galegas”. Apuntou a unha Galicia, dixo, “que non ten dono, que non pertence a ningunha forza política, que é libre e solidaria e non quere volver ao retroceso da dereita nin a un nacionalismo trasnoitado que quere impoñer fronteiras ideolóxicas”.

Apuntou que Galicia “nos agarda, como agardou Portugal, Alemaña e cada vez máis países en toda a UE” nos que volveu gobernar a socialdemocracia coa “honestidade de seguir sendo fieis á nosa orixe e ao obxectivo de gobernar para a xente máis débil”. Defendeu que “nunca un xubilado teña que dubidar de ter a súa pensión, e nunca unha nai ou pai teña que temer polo futuro dos seus fillos e se terán que ir emigrados”.

González Formoso situouse hoxe enfronte dun Feijóo que ten demostrado que “non é digno de gobernar Galicia”, logo de “ter a desfachatez de insultar aos galegos e galegas” aos que deixou de representar para “escoller o papel de ser o representante da oposición ao Estado”. Criticou que teña renunciado a impulsar Galicia por “facerlle as gracias e incorporarse ao mundo escuro e destrutivo de Mañuecos, Ayusos, Egeas e Casados”.

Apelou á situación do PP de Madrid, logo de que a presidenta do PP denunciara que “está sufrindo acoso persoal dende hai 6 meses por parte do seu propio partido”. “Imaxinade o que pode estar sufrindo unha persoa logo de 6 anos de persecución do PP só porque quixo optar a ser presidente deste país”, en alusión a Gómez Besteiro e tamén ao ex alcalde de Lugo López Orozco e o ex alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.

Mentres, Feijóo decide “poñer paus nas rodas” e rexeitar a reforma laboral, a actualización do modelo de pensións, ou anunciar que non aplicará a Lei de Vivenda e denuncia o bono alugueiro pensados para garantir o acceso á vivenda dos máis novos. Está do lado, dixo, dos que “van a Europa a pedir que non nos entreguen os fondos de recuperación, facéndolle dano non aos socialistas, senón ás persoas que necesitan deses recursos e que dependen de que a súa empresa reciba fondos para manter o traballo.

LUGO

O líder dos socialistas galegos puxo Lugo como exemplo da xestión dun PSdeG, que “inunda as institucións con ansias e anhelos de cambio”, e que conta cunha Deputación provincial que ten sido a primeira institución en incorporar as cláusulas sociais ás licitacións públicas e segue ¨”obsesionada con asistir e protexer aos concellos con menos recursos a través do Plan Único”.

Dunha provincia e unha capital, Lugo, que, encabezada pola alcaldesa Lara Méndez, “revolucionou o modelo de cidade preservando o patrimonio e converténdoa nunha das cidades máis fermosas de Galicia. Que hoxe, engadiu, “incorpórase ao gran acordo verde europeo, cun claro protagonismo que busca no mundo sostible” e coa alcaldesa “máis proactiva na defensa do talento e dos emprendedores de todo o Estado español”.

0.1798849105835