Tráfico asume a competencia sancionadora nas vías urbanas de Láncara

SarriaXa
O pleno acordara en 2018 solicitar o trasbase de competencias pola “insuficiencia de medios” para a tramitación eficaz dos expedentes
multa tráfico
27 Feb 2021

A xefatura provincial de Tráfico de Lugo vén de asumir a competencia sancionadora en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria polas infraccións que se rexistren nas vías urbanas do municipio de Láncara.

No ano 2018, o pleno do Concello acordara por unanimidade solicitar á xefatura provincial que asumira as competencias pola "insuficiencia de medios" do Concello para a tramitación eficaz dos expedentes sancionadores. Esas facultades corresponden en principio aos alcaldes.

A xefatura provincial de Tráfico, segundo se publicou esta semana no Boletín Oficial da Provincia, asume agora esas competencias, pero faino de xeito temporal mentras persistan as razóns alegadas polo Concello para tal solicitude.

0.19075608253479