Trascastro do Incio é candidato a levarse o premio Pueblo Agrícola Gallego del Año
SarriaXa
A aldea de Trascastro do Incio opta xunto a outras tres propostas a recibir este galardón que escolle a mellor aldea agrícola do ano.
24 Jun 2022
A aldea de Trascastro do Incio opta xunto a outras tres propostas a recibir este galardón.
Trascastro do Incio pode chegar a acadar o premio Pueblo Agrícola Gallego del Año. A aldea pertencente ao Concello do Incio foi a primeira da provincia de Lugo en ser declarada como aldea modelo.
Por mor disto, "realizouse unha intervención na estrutura da propiedade das terras, unificando 178 parcelas dun centenar de propietarios e poñéndoas ao dispor dun gandeiro que a dedicará á produción de carne de vaca cachena".
Asemade, "renovouse o manexo das cabezas de gando" empregando para isto uns colares que posibilitan a súa xeolocalización.
Trascastro compite nesta ocasión con outras tres propostas que son Mesía , A Veiga e Meixide e os interesados en formar parte desta escolla poderán votar en www.mejorpueblo.es