Trasliste, Oleiros e Cha de Santa Marta son os lugares escollidos polo Goberno de Láncara para a recollida de plásticos
O Concello de Láncara anuncia as datas e os lugares nos que terán lugar as recollidas de plásticos en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Así, as parroquias serán as de Trasliste, Oleiros e Cha de Santa Marta serán os lugares escollidos para levar a cabo esta actividade, unha vez por cada lugar.
Así, en febreiro a recollida terá lugar o día 19 en Trasliste, o 20 en Oleiros e o 21 en Cha de Santa Marta; mentres que en marzo será o día 11 en Traslista, o 12 en Oleiros e o 13 en Cha de Santa Marta.
Pola súa parte, en abril terá lugar o día 15 en Trasliste, o 16 en Oleiros e o 17 en Cha de Santa Marta e en maio será o día 13 en Trasliste, o 14 en Oleiros e o 15 en Cha de Santa Marta.
Xa en xuño, terá lugar o día 10 en Trasliste, o 11 en Oleiros e o 12 en Cha de Santa Marta; mentres que en xullo será o día 15 en Trasliste, o 16 en Oleiros e o 17 en Cha de Santa Marta.
Con respecto a agosto, o día 12 será en Trasliste, o 13 en Oleiros e o 14 en Cha de Santa Marta, e pola súa parte, en setembro terá lugar o día 16 en Trasliste, o 17 en Oleiros e o 18 en Cha de Santa Marta.
Para rematar o ano, en outubro, será o día 14 en Trasliste, o 15 en Oleiros e o 16 en Cha de Santa Marta; en novembro terá lugar o día 11 en Trasliste, o 12 en Oleiros e o 13 en Cha de Santa Marta; e, por último, en decembro será igual que en novembro, o 11 en Trasliste, o 12 en Oleiros e o 13 en Cha de Santa Marta.