Trece centros educativos da comarca de Sarria participan nun acto polo Día da Poesía

SarriaXa
Trece centros educativos da comarca de Sarria participan nun acto polo Día da Poesía que está dedicado a Manuel María
Manuel María IES Gregorio Fernandez
20 Mar 2023

A Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Gregorio Fernández de Sarria organiza para este martes, 21 de marzo. unha actvidade para celebrar o Día da Poesía.

Así, convocaron a trece centros educativos e máis de 720 persoas a congregarse na Praza da Vila ás 12.00 horas que poderá traslardarse á Feculera se o esixise o tempo.

Os trece centros educativos que participan son aqueles que forman parte da comarca de Sarria, como a Escola Infatil Xela Arias, o CEIP Antonio Fernández López da parroquia do Oural, o CEIP Eduardo Cela de Triacastela, o CEIP Frei Luís de Granada, o CEIP do Páramo, o CEIP Ricardo Gasset do Incio, o CEIP de Samos, o CEIP San Miguel de Paradela, o CPR A Asunción, o CPR La Merced, o CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao de Láncara e o IES Xograr Afonso Gómez; ademais do alumnado do colexio organizador.

Nesta actividade, ademais, colabora o Concello de Sarria.

Día da Poesía Sarria
0.18712401390076