Trece centros educativos da comarca de Sarria participan na praza da Vila do Día da Poesía

SarriaXa
A praza da Vila de Sarria acolle  o Día Mundial da Poesía, "unha data moi especial dedicada a unha persoa moi especial que iniciou a celebración desta data na nosa vila: Eduardo Rey Moure", defenden desde o Concello.
21 Mar 2024

Así, o evento, organizado polo IES Gregorio Fernández en colaboración co Concello de Sarria, comezará ás 12.00 horas na praza da vila para accoller un acto coa temática da amizade.

Trece centros educativos da comarca formarán parte desta iniciativa, concretamente a EEI Xela Arias, o Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela, o Ceip Frei Luís de Granada, o Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López do Oural, o Ceip Plurilingüe do Páramo, o Ceip Plurilingüe San Miguel de Paradela, o Ceip Ricardo Gasset do Incio, o Ceip de Samos, o CPI Ramón Piñeiro de Pobra de San Xiao en Láncara, o CPR La Merced, o CPR Nuestra Señora de la Asunción e o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

0.16393613815308