Tres grupos de música levarán o seus ritmos ao Buril de Sarria esta noite

O Buril acolle unha nova iniciativa musical, que terá lugar esta noite de venres, 20 de setembro, a partir das 22.00 horas no seu local da vila de Sarria.
Durante esta noite, actuarán tres grupos musicais: The Fall Of Atlantis, unha banda de metalcore de Madrid; Jacques Mornard, de estilo HxC/Screamo que veñen de Asturias; e Crowded, unha banda de metal que vén da Coruña.
Todas as persoas interesadas en desfrutar desta nova iniciativa e pasar unha noite entretida, poderán facelo pagando unha entrada anticipada de 6 euros, que na porta pasará a costar 8 euros.