Tres medallas de ouro para o club San Xoán de Sarria no campionato galego de tiro
SarriaXa
Ana López e Isabel Gonzalo proclamáronse campioas nas categorías junior e senior, respectivamente, e o equipo feminino fíxose coa terceira medalla.
25 Mar 2021
Novos éxitos para o Club San Xoán de Sarria, que vén de conseguir tres medallas de ouro no campionato galego de tiro na modalidade de aire.
Ana López e Isabel Gonzalo fixéronse con senllas medallas de ouro ao proclamarse campioas nas categorías junior feminina e senior feminina, respectivamente.
Ademais, o equipo feminino formado polas propias Ana López e Isabel Gonzalo xunto a Rosario Martel impúxose tamén por equipos, conseguindo a terceira medalla para o club sarrián.