Tres mocións serán discutidas no pleno de Sarria do mes de setembro

SarriaXa
Esta tarde de xoves, ás 19.30 horas, están convocados os concelleiros e concelleiras municipais para tratar os asuntos que lle preocupan á cidadanía
Pleno-Sarria
26 Sep 2024

O pleno de Sarria do mes de setembro, que se celebrará esta tarde de xoves ás 19.30 horas na casa consistorial, tratará diferentes asuntos relacionados co municipio.

Así, proporase para a súa aprobación a modificación do contrato de subminitración e servizos con investimento suxeita a regulación harmonizada dos servizos enerxéticos do alumeado exterior e dos edificios e proporase para a súa modificación a ordenanza reguladora do prezo público pola prestación dos servizos da escola municipal de música.

Por outra parte, o Grupo Municipal Popular levará dúas mocións, unha sobre as deficiencias no funcionamento dos semáforos da vila e outra pedindo que se adopten medidas en relación aos servizos ferroviarios na estación do tren de sarria, instando ao alcalde a que esixa que se recuperen as frecuencias.

Pola súa banda, o BNG tamén presentará unha moción na que mostrará o seu rexeitamento á subida do canon de Sogama e pedirá fomentar un novo modelo de xestión de residuos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13831090927124