Tres veciñas de Sarria gañan premios da campaña Días Azuis do Comercio Galego 2025

SarriaXa
Ana Calvo Corrales e Sara González Morais foron premiadas con 250 euros cada unha e María Teresa Lemos López recibiu un premio de 150 euros
rúa-Sarria-comercio
19 Jun 2025

A campaña Días Azuis do Comercio Galego 2025, unha iniciativa para promover o comercio de proximidade impulsada pola Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e ABANCA, deixou tres premios no municipio de Sarria.

Ana Calvo Corrales e Sara González Morais foron premiadas con 250 euros cada unha por compras realizadas en Panadería Pallares e Calzados Gayoso, respectivamente. Pola súa parte, María Teresa Lemos López foi galardoada cun premio de 150 euros por unha compra efectuada en Sabrina.

A campaña, que busca incentivar as compras nos pequenos establecementos galegos, repartiu premios entre a clientela que apoia o comercio local, fomentando así a economía de proximidade e o desenvolvemento dos negocios tradicionais en vilas e cidades.

⚙ Configurar cookies
0.16211199760437