Triacastela abre a inscrición para a ludoteca de verán e os cursos de natación en Sarria

SarriaXa
Terán prioridade de acceso os nenos escolarizados no colexio de Triacastela, seguidos dos empadroados no Concello
Ludoteca-Triacastela
25 Jun 2025

O Concello de Triacastela mantén aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de verán, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto en horario de 9:30 a 14:00 horas.

O prezo por participante é de 25 euros e o número total de prazas dispoñibles é de 20.

Así mesmo, tamén está aberta a matrícula para os cursos de natación que se celebrarán na piscina de Sarria durante os meses de xullo e agosto.

A saída dende Triacastela está prevista para as 11:15 horas e as sesións terán unha duración de media hora. O custo dos cursos varía segundo a duración e o número de participantes dunha mesma unidade familiar: o mes completo custa 26,61 euros por neno e 17,94 euros para o segundo e seguintes; a quincena custa 13,34 euros por neno e 8,89 euros para os seguintes. Están dispoñibles tamén 20 prazas para esta actividade.

Terán prioridade de acceso os nenos escolarizados no colexio de Triacastela, seguidos dos empadroados no Concello e, posteriormente, o resto dos interesados ata cubrir as prazas.

⚙ Configurar cookies
0.12474513053894