Triacastela acolle a súa feira mensual acompañada da Furgoteca
Todos os 28 do mes, Tricastela celebra unha feira e, neste ocasión, coincide coa presentación da Furgoteca, un servizo moi demandado desde o Concello, xa que non contan con Biblioteca Municipal.
Así, Olga Iglesias, alcaldesa do municipio, dixo que espera unha gran afluencia de xente e colaboración por parte do colexio, Casa niño e Casas do Maior neste servizo "necesario para a poboación dunha biblioteca móbil que virá dúas veces ao mes, unha o día 28, coincidindo coa feira".
Esta feira que ten lugar cada mes tiña como orixe o obxectivo de vender o gando e o intercambio de produtos, pero desde hai un tempo van catro polbeiras para dar un servizo gastronómico e que "fai que veña moita xente", sostén a alcaldesa.
"É bo para o pobo que se conserve esta tradición na que se pode conversar, mercar e tomar o polbo", sostén.