Triacastela acolle o vindeiro 28 de setembro a XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona
O Concello de Triacastela celebrará a XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona o vindeiro 28 de setembro, na que poderán participar artesás de todas as partes da comarca, da provincia e de Galicia, apuntándose a través do teléfono 982 548 147.
Entre as actividades, aínda por confirmar, terá lugar a apertura dos postos de artesanía e produtos da zona. O ano pasado, ademais, presentouse o Centro de Interpretación Ferrería da Ponte e Guido Guía levou a cabo unha ruta guiada baixo o nome de 'Triacastela Xacobea' dende a praza do Concello.
Ademais, o ano pasado houbo unha exposición de pintura 'Catro médicos pintores seguimos polo Camiño' na Fonte do Lunar, tivo lugar o pregón e houbo unha concentración de motos do motoclub Os Mouchos.
Con todo, este ano, haberá tamén música para amenizar a xornada, como o ano pasado, na que houbo varias interpretacións de música cantada mediante 'Cantos de Taberna' organizados polos locais de hostelería de Triacastela.