Triacastela acolle unha xornada formativa sobre a enfermidade do alzhéimer

SarriaXa
CEAFA e Cinfa ofrecen unha sesión formativa na Fonte do Lunar, en Triacastela o vindeiro 15 de abril en horario de 11.
21 Mar 2024

CEAFA e Cinfa ofrecen unha sesión formativa na Fonte do Lunar, en Triacastela o vindeiro 15 de abril en horario de 11.00 a 13.00 horas sobre a enfermidade do alzhéimer.

Esta actividade ten como obxectivo dotar ás persoas coidadoras de pacientes de Alzhéimer e outras demencias de coñecementos que permitan mellorar a súa calidade de vida.

Na mesma informarase dos recursos sociais e servizos que existen actualmente para as persoas que padecen a enfermidade e a charla está dirixida aos coidadores.

0.1565990447998