Triacastela acollerá o II Obradoiro de Cana Simple para clarinetes e saxofóns

A Banda de Música da Comarca de Sarria organiza a segunda edición do Obradoiro de Cana Simple, un obradoiro especializado en clarinetes e saxofóns que se celebrará en Triacastela os días 14, 15 e 16 de marzo de 2025.
Este evento, que busca fomentar a formación e o perfeccionamento musical, reunirá a músicos de diferentes niveis para explorar técnicas avanzadas e compartir experiencias nun ambiente enriquecedor.
O obradoiro conta coa colaboración do Concello de Triacastela, a Federación de Bandas de Música Populares de Galicia (FBMPG) e Fontecelta, reafirmando o compromiso destas entidades coa cultura e a educación musical.