Triacastela acollerá o proxecto Ciencia á Feira este xoves

SarriaXa
Estará Azucena Mora, catedrática da USC que vén de ser recoñecida co premio á mellor iniciativa de investigación no marco dos galardóns que outorga o Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos
Ciencia-á-Feira-A-Pobra-do-Brollón
27 Nov 2024

Este xoves, 28 de novembro, o proxecto e ciclo de obradoiros Ciencia á Feira estará en Triacastela para achegar aos veciños e veciñas a ciencia e a tecnoloxía.

Así, a través dun ciclo de obradoiros, que se realizarán coincidindo coas feiras municipais, todas as persoas interesadas poderán achegarse e desfrutar gratuitamente desta iniciativa.

Esta acción para achegar á veciñanza a ciencia e a tecnoloxía está promovida por Xuvenciencia da USC, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Goberno de España, entre outras entidades.

Azucena Mora, catedrática da USC que vén de ser recoñecida co premio á mellor iniciativa de investigación no marco dos galardóns que outorga o Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos; estará co seu equipo o próximo día 28 de novembro en Triacastela coa iniciativa Ciencia á Feira.

Nesta ocasión, “o laboratorio trasládase aos coles e ás feiras” para explicar á sociedade e á cativada “como é isto das bacterias multirresistentes, onde se atopan, e que podemos facer entre todas as persoas” para combatelas.

0.15394997596741