Triacastela acollerá o servizo da biblioteca móbil de Galicia este vindeiro 10 e 28 de xaneiro

SarriaXa
O servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, estará en Triacastela os días 10 e 28 de xaneiro achegando lecturas de teatro, ensaio, cómic, contos, cogos, música e cine para todas as persoas interesadas.
Furgoteca Triacastela
Furgoteca Triacastela
5 Xan 2024

O servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, estará en Triacastela os días 10 e 28 de xaneiro achegando lecturas de teatro, ensaio, cómic, contos, cogos, música e cine para todas as persoas interesadas.

O día 10 terá lugar o percorrido longo, que comezará ás 10.50 horas en Toldaos (San Salvador) para logo ir ata Santalla de Alfoz ás 11.15 horas. Máis tarde, ás 11.50 horas estará en Cancelo e xa ás 14.15 horas irá ata Biduedo, para rematar na praza do Concello de Triacastela ás 14.45 horas.

Pola súa parte, o día 28 só estará no centro de Triacastela, de 11.00 a 15.30 horas, para poder dar a oportunidade aos veciños do municipio a achegarse alí e desfrutar dos servizos desta iniciativa da Xunta.

0.088645935058594