Triacastela acollerá unha nova xornada de divulgación sobre Cova Eirós

SarriaXa
O encontro celebrarase o 18 de agosto en Cancelo cunha charla de arqueólogas e a estrea dun documental ao aire libre
Cova-Eiros-2
16 Aug 2025

Triacastela será escenario o vindeiro 18 de agosto da II Xornada de Divulgación en Cancelo, centrada na importancia e nos avances das investigacións en Cova Eirós, un xacemento arqueolóxico único en Galicia.

A actividade arrincará ás 19:30 horas cunha charla titulada 'Que sabemos de Cova Eirós? A importancia dunha cova única en Galicia', que contará coa participación das arqueólogas Mar Llinares, Tania Mosquera Castro, Alba Vidal Soliño e Iria López Viéitez.

A programación continuará ás 21:30 horas cunha proxección ao aire libre na explanada de Meilán, coa preestrea do documental 'O camiño de Cova Eirós', dirixido por Xosé González Varela.

O evento conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, o CISPAC, o IPHES-CERCA, a Xunta de Galicia e o Concello de Triacastela, entre outras entidades, e busca achegar á cidadanía o valor patrimonial e científico deste importante enclave prehistórico.

⚙ Configurar cookies
0.13015508651733