Triacastela acolleu a celebración da festa de fin de curso da comunidade educativa do CEIP Eduardo Cela Vila
Os nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, xunto coa demais comunidade educativa celebraron unha festa de fin de curso nunha xornada na que os nenos e nenas desfrutaron de colchonetas, pintacaras e diferentes xogos.
Ademais, as familias incluíronse na xornada e todos xuntos visualizaron un vídeo para rememorar os momentos máis entrañables do curso e, a continuación xantaron todos xuntos no comedor da escola baixo un ambiente acolledor, feliz e nostálxico.
O profesorado da escola agradece enormemente a implicación, compresión e apoio de todos os membros da comunidade educativa e destaca (tal e como se demostrou ao longo do curso) a forza, as oportunidades e os privilexios de transmitir ideas, sentimentos e valores nun contexto rural.