Triacastela acolleu unha charla sobre igualdade no medio rural
O pasado luns, 20 de setembro de 2021, dende a área de Muller da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo –Mujeres Veciñais- e en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, organizaron unha nova charla-coloquio baixo o título Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero no medio rural, nesta ocasión, no municipio de Triacastela.
A charla-coloquio foi dirixida pola presidenta da área de Muller da Federación Veciñal lucense, Mujeres Veciñais, María del Carmen Casasnovas García, á que acompañaron Flora Rubinos Rois e María José Villamarín Santomé, membros da devandita entidade.
Así mesmo, tamén se contou coa presenza e participación da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias Fontal, que exerceu como anfitrioa; así como dos concelleiros do Concello de Triacastela Luís López Arias e Óscar Fontal Caldeiro; a traballadora social Ángeles Muíña; e a presidenta de Novas Xeracións de Triacastela, Sara Ruiz Rubio; así como o Secretario Xeral desta organización, e a súa esposa, Senén Fernández Argiz e Vanesa Pontón Rodríguez, respectivamente.
Unha vintena de asistentes de diversas idades, gardando as medidas sanitarias impostas pola pandemia por covid19, nunha carpa aberta, situada diante da Casa do concello, participaron activamente no coloquio que derivou a continuación.