Triacastela celebrou a súa cuarta edición da Festa do Peregrino con varias iniciativas

SarriaXa
Triacastela acolleu a cuarta edición da Festa do Peregrino, que acolleu diferentes actividades dedicadas a ensalzar o patrimonio inmaterial do municipio, así como ofrecer a veciños e turistas unha experiencia da que non se poidan esquecer.
Festa do Peregrino Triacastela
18 Ago 2023

Triacastela acolleu a cuarta edición da Festa do Peregrino, que acolleu diferentes actividades dedicadas a ensalzar o patrimonio inmaterial do municipio, así como ofrecer a veciños e turistas unha experiencia da que non se poidan esquecer.

Así, as persoas participantes puideron desfrutar  da música da man de Xabier Blanco, da Fundación Legar, que ademais levou a cabo unha ruta ata a capela de San Mamede, onde tivo lugar a misa na igrexa e onde fóra houbo un baile coa música de raíz.

Ademais, tamén houbo paseos guiados pola 'Triacastela menos coñecida' da man do guía turístico Guido Álvarez no marco do seu proxecto Guido Guía, que, ademais, tamén participou da ruta da Fundación Legar.

Xa para finalizar o día, despois das rutas a festa seguiu coas actuacións da coral Sarricanta ás seis da tarde e, tras iso, houbo verbena con Tania Veiras e a Charanga Louband.

0.19882416725159