Triacastela anula o procedemento de licitación de mellora no alumeado por un erro no prego
O Concello de Triacastela vén de anular o procedemento de licitación das obras de mellora no alumeado eléctrico por un erro no prego das cláusulas administrativas particulares.
Este proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público no centro urbano de Triacastela saíu a licitación o 31 de marzo cun orzamento base de 193.635,09 euros con IVE incluído.
A presentación de ofertas pechábase o 12 de maio pero antes de rematar o devandito prazo detectouse o erro, polo que foi necesario facer unha rectificación o que conlevará unha modificación sustancial. Con todo isto, anúlase e retrotraen as actuacións ao momento inicial, cambiarase o prego e comezará de novo a licitación.
Este traballo teñen un prazo de execución máximo de catro meses e contan cunha axuda do Instituto para a Diversificación e Ahorro de la Energía e supoñen unha reforma dos cadros de mando e protección, o cambio das luminarias ou as melloras no cableado entre outros traballos.
Os interesados poderán solicitar información adicional sobre os pregos e demais documentación complementaria cunha antelación mínima de cinco días á finalización do prazo de presentación de proposicións.