Triacastela celebra a Festa do Peregrino cunha emotiva xornada de música e tradición

SarriaXa
A sexta edición reuniu veciños e camiñantes cunha ruta guiada, degustación gastronómica e concertos nos que destacou a actuación de Luis e Óscar
Festa-do-Peregrino-Triacastela
18 Aug 2025

Triacastela volveu converterse nun punto de encontro para veciños e peregrinos coa celebración da sexta edición da Festa do Peregrino.

A xornada comezou cunha ruta guiada organizada por Guido Guía, na que participaron preto de trinta persoas chegadas de diferentes partes do mundo. O percorrido, que incluíu a subida ao monte de San Mamede e visitas a espazos emblemáticos do municipio, permitiu aos asistentes coñecer a riqueza paisaxística e patrimonial da zona.

Tras o paseo, os participantes puideron gozar dunha degustación de produtos locais, dentro da campaña 'Galicia sabe amar', onde non faltaron as croquetas de polbo nin as filloas recheas de crema. Veciños e camiñantes compartiron así unha experiencia gastronómica nun ambiente festivo.

A música puxo o broche de ouro a unha xornada que foi collendo forza ao longo da tarde. Primeiro coa sesión vermú animada por D’Caché Music e, xa pola noite, cos concertos que fixeron vibrar á praza central. Entre eles destacaron Saha e Ryu, que conseguiron levantar ao público a ritmo de folk e pop, o grupo formado por Luis e Óscar.

A emoción contaxiouse entre o público, que respondeu con longos aplausos e bailes ata ben entrada a madrugada. A verbena final, tamén a cargo de D’Caché Music, puxo o punto final a unha festa que reafirma a Triacastela como un lugar de acollida e homenaxe ao camiñante.

⚙ Configurar cookies
0.11088919639587