Triacastela celebra a primeira chocolatada con mini mercadiño por Nadal

SarriaXa
A actividade organizada pola asociación Tira Ca Estela contará con talleres infantís, visita da Apalpadora e chocolate con churros para todos
Bo-Nadal-Concello-de-Triacastela
14 Dec 2025

A nova asociación Tira Ca Estela de Triacastela organiza o vindeiro 21 de decembro a primeira Chocolatada con Mini Mercadiño Navideño, que se celebrará no porche do CEIP Eduardo Cela Vila en Triacastela.

A xornada dará comezo ás 16:00 horas coa visita da Apalpadora. Ás 17:00 horas desenvolveranse talleres de creación de galletas e xogos infantís, e ás 18:00 horas todos os asistentes poderán gozar de chocolate con churros.

O Concello de Triacastela e o CEIP Eduardo Cela Vila colaboran con esta iniciativa, que busca fomentar a participación da comunidade escolar e ofrecer un momento de lecer e encontro familiar nestas datas festivas.

⚙ Configurar cookies
0.072016000747681